Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación ordinaria para a contratación de servicios de limpeza das dependencias do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela (C.P. 3/2003).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de servicios de limpeza das dependencias do Igape en Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 3/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicios de limpeza das dependencias do Igape segundo o especificado na cláusula 3 do prego de prescricións técnicas. Nomenclatura CNPA: 74.70.1.

b) Prazo de execución: 2 anos prorrogable por acordo expreso das partes por 2 anos máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 360.000 A IVE incluído, dos que 180.000 A IVE incluído corresponden ó período de vixencia de dous anos e 180.000 A IVE incluído ó período doutros dous anos de posible prórroga, ascendendo o importe máximo anual a 90.000 A IVE incluído.

5. Garantía provisional: 7.200 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A equivalente ó grupo III, subgrupo 6, categoría A, da Orde do 24 de novembro de 1982.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: compromiso de adscribir á execución do contrato os medios persoais mínimos especificados na cláusula 5 do prego de prescricións técnicas, conforme o artigo 15.1º do TRLCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do 16 de abril de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

En sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que deber ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: no Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o 30 de abril de 2003.

e) Hora: 11.

10. Outras informacións: con carácter previo á adxudicación e prórroga do contrato, se é o caso, deberá achegarse:

-Acreditación por parte da empresa proposta adxudicataria ou da subcontratista, se é o caso, da vixencia da autorización da Consellería de Sanidade ou organismo equivalente para a realización das actividades de desinfección, desratización e desinsectación.

-Acreditación de póliza vixente de seguro de responsabilidade civil polos danos causados polos seus traballadores derivados da execución do servicio, por importe mínimo de 300.000 A.

-Acreditación de póliza vixente de seguro de responsabilidade civil con único beneficiario Igape por importe mínimo de 300.000 A por danos causados nos seus bens e instalacións derivados da execución do servicio.

11. Gastos de anuncios: 2.200 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica