Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de febreiro de 2003, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado L.A.T. 132 kV subestación Boimente-subestación Pena Grande.

En cumprimento do disposto no artigo 14.5º del Decreto 80/2000, do 23 de maio, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de febreiro de 2003, do que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado L.A.T. 132 kV subestación Boimente-subestación Pena Grande.

2. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de outubro de 2002, polo que se declara a incidencia supramunicipal do proxecto L.A.T. 132 kV subestación Boimente-subestación Pena Grande, o planeamento dos concellos de Muras, Ourol e Viveiro queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO