Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, tramitación ordinaria, para a contratación das obras de construcción dun club deportivo militar en Campolongo, Pontevedra.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia concurso público, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de construcción dun club deportivo militar en Campolongo, Pontevedra:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 05/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: contratación das obras de construcción dun club deportivo militar en Campolongo, Pontevedra.

c) Lugar de execución: antigo cuartel de Campolongo, Pontevedra.

d) Prazo de execución: sete meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: un millón douscentos dous mil vintecatro euros e vinteun céntimos, IVE incluído (1.202.024,21 A).

5. Garantía provisional.

Exenta, ó abeiro do establecido no artigo 35.1º do Real decreto lexistativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Obtención de documentación:

a) Entidade: Copynino.

b) Enderezo: rúa Rosalía de Castro, nº 58.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Teléfono: 981 59 03 02.

e) Telefax: 981 59 03 02.

f) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Obtención de información:

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda. Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

b) Enderezo: edificio San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de información: será a mesma que para a presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C, subgrupos todos, categoría e.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nas cláusulas 8.1, 8.2 e 8.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 80 do Regulamento xeral de contratación do Estado; edificio San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda.

b) Enderezo: edificio San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: ás 12 horas do quinto día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

11. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

12. Páxina web onde figuran as informacións relativas a esta convocatoria:

www.xunta.es/contratación/.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2003.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda