Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.415

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (420/2002).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 420/2002, se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Condeno o denunciado Ioan Dragan, como autor dunha falta de orde pública á pena dun mes de multa cunha cota diaria de doce euros, o que fai un total de catrocentos oitenta euros (480 euros). Esta cantidade deberá ser aboada no prazo de dez días desde a firmeza desta resolución, prevíndoo de que no caso de non satisfacela e logo de exacción dos seus bens, quedará suxeito a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade, por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que se poderá cumprir en réxime de arresto de fin de semana, todo iso con expresa condena en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer no prazo de cinco días, recurso de apelación perante este xulgado, que será resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Ioan Dragan, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o dezaseis de xaneiro de 2003.

O secretario

Rubricado