Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.407

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de marzo de 2003 pola que se procede ó nomeamento como funcionaria do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes, da aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro) para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), e realizado o acto previsto na Orde do 20 de febreiro de 2003.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991 polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas con

cordantes, e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo

DISPÓN:

Nomear funcionaria do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes, a aspirante que superou o proceso selectivo, polo sistema de acceso libre, que se relaciona no anexo desta orde, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlle, como destino provisional o que figura no anexo.

Para adquiri-la condición de funcionaria, a persoa a que se refire o anexo desta orde deberá cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-admi

nistrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

APELIDOS E NOMEDNICÓDIGODENOMINACIÓNNIVELCONCELLOPROVINCIACARÁCTER

SAIZ ALONSO, JOSEFINA35998724-KOT.C99.10.000.36001.087NEGOCIADO DE DELINEACIÓN16PONTEVEDRAPONTEVEDRAPROVISIONAL