Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

CONCURSO aberto para a contratación da vixilancia do edificio onde se sitúa Verbum-Casa das Palabras.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura. Nº de expediente: 7604/331.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: vixilancia, seguridade e mantemento dos sistemas, dos materiais e sistemas de seguridade e control de accesos do recinto e do edificio onde se sitúa Verbum-Casa das Palabras.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 516.158,61 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría b. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e no BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 3 de marzo de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde