Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle para a ordenación de volumes e fixación de aliñacións nun soar situado na rúa Corzás esquina rúa Apelón.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 28 de febreiro de 2003, aprobou definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes e fixación de aliñacións nun soar situado na rúa Corzás esquina rúa Apelón, promovido por Juan Núñez Rico e redactado polos arquitectos Miguel Ángel Abad e Antonio Deus, en decembro de 2002.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícase este anuncio e remitirase á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia autenticada do expediente e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Mugardos, 7 de marzo de 2003.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde