Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 2/2003).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 27 de xaneiro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a fixación de rasantes do viario de nova apertura no contorno dos polígonos de solo urbano do Plan Xeral de Ordenación Municipal G7.03 rúa Falperra I e G7.04 rúa Falperra II, promovido polo Concello da Coruña.

Segundo.-Notificiar este acordo ós propietarios afectados.

Tercero.-Someter a información pública polo prazo de vinte días o expediente administrativo e o documento que contén o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local. Durante o citado prazo os interesados poderán formular ó documento cantas alegacións teñán por conveniente.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expeiente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral de 12 a 13.30 horas, de luns a venres.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo