Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o expediente de unificación de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de unificación das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indican:

* V-7006; XG-380, Paderne-Betanzos-A Coruña, con anexos, da titularidade de Autocares Antonio Vázquez, S.A., e

* V-7037; XG-411, A Coruña-San Pedro de Présaras, con anexos, da titularidade de Autos S. Vázquez, S.L.

Con carácter previo á unificación solicítase a transferencia da concesión V-7006; XG-380 a favor da empresa Autos S. Vázquez, S.L., que figura como peticionaria da unificación.

Os interesados ou afectados no expediente poderán tomar parte no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2003.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Transportes