Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación Profesional del Comercio Ambulante de Galicia, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación Profesional do Comercio Ambulante e Comercio en Prazas de Abastos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 14 de xaneiro de 2003, a acta da asemblea xeral extraordinaria, expedida polo secretario da devandita asociación, Manuel González Pérez, avalada co visto e prace do presidente, José Manuel Liste García, e que foi celebrada o 9 de decembro de 2002, na que se reflicten as modificacións estatutarias aprobadas, entre elas a que fai referencia ó cambio de nome da asociación, que pasa a denominarse Asociación Profesional do Comercio Ambulante e Comercio en Prazas de Abastos de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais