Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, para a asistencia pericial ós órganos de Administración de xustiza en Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia pericial ós órganos da Administración de xustiza en Galicia.

b) División por lotes e número: catro lotes.

Lote 1: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de Policía Xudicial da provincia da Coruña.

Lote 2: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de Policía Xudicial da provincia de Lugo.

Lote 3: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de Policía Xudicial da provincia de Ourense.

Lote 4: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de Policía Xudicial da provincia de Pontevedra.

c) Lugar de execución: o que sinale a Dirección Xeral de Xustiza.

e) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): o prazo de execución será desde o día

seguinte ó do asinamento do contrato e ata o 31 de decembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 150.000 euros, IVE incluído.

Lote 1: 55.000 A.

Lote 2: 30.000 A.

Lote 3: 20.000 A.

Lote 4: 45.000 A.

5. Garantía provisional:

Lote 1: 1.100 A.

Lote 2: 600 A.

Lote 3: 400 A.

Lote 4: 900 A.

Total lotes 1, 2, 3 e 4: 3.000 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 62 02 e 981 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9 horas do décimo día natural seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

11. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2289

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local