Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/395).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. urbanización Mesoiro.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20, de 1.915 m de lonxitude en conductor R.H.V. 240 Al, que parte da L.M.T.S. Pocomaco-Eirís, entre os CC.TT. de Salgado e Mesoiro 30, e final no C.T. Mesoiro nº 11 pasando polo centro de distribución e C.T. nº 8.

Centro de transformación compactos con envolvente de formigón de 630 kVA c/u no C.T. nº 8 e 11 da urbanización Mesoiro e C.D. con tres celas de liña. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña