Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.287

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (693/2002-CH)

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado co número 693/2002-CH, por instancia de María Eugenia López Pallas sobre medidas provisionais acordouse a citación de Jesús Dacosta Aller mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de medidas provisionais número 693/2002-CH, seguidos por instancia de María Eugenia López Pallas, representada pola procuradora Mar Rodríguez González, por medio da presente cítase a Jesús Dacosta Aller co fin de que compareza perante este xulgado, o vindeiro día un de abril ás dez horas para asistir á celebración da comparecencia prevista na lei, facéndolle saber que a dita comparecencia se substanciará conforme o previsto no artigo 773 da LAC, e que as partes deberán presenta-la proba referida concretamente ás medidas que pretenden que sexan adoptadas, así como que a falta de asistencia, sen causa xustificada, dalgún dos cónxuxes á comparecencia poderá determinar que se consideren admitidos os feitos alegados polo cónxuxe presente.

E para a súa inserción no BOP expido este edicto que asino na Coruña o tres de xaneiro de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE NOIA