Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.286

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 11 de marzo de 2003 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de seis postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local anunciada por Orde do 10 de febreiro de 2003.

Convocada por Orde do 10 de febreiro de 2003 (DOG nº 36, do 20 de febreiro) a provisión, polo sistema de libre designación, de seis postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Local, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de cinco postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 10 de febreiro de 2003 (DOG nº 36, do 20 de febreiro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso

contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2003.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local

ANEXO I

NRP ou DNIApelidos e nomeGrupoCorpo/

escala

Código do postoDenominaciónNivelDependenciaLocalidade

3604199535A2060Lorenzo Santos, SoniaASuperiorXUC991000036560001Secretario/a provincial28ADelegación Provincial de VigoVigo

(Pontevedra)

3593711768A2051Clavero Paradiñeiro, LucíaBXestiónXUC991030136001015Servicio de Interior28BServicio de InteriorPontevedra

3385397846A2051Calaza Parajes, YolandaBXestiónXUC020000115770005Servicio de Xestión Económica e Persoal28ASecretaría xeralSantiago de Compostela

5249805846A2060Paz Fernández-España, JuliaASuperiorXUC050000215770005Servicio de Xogo28ADirección Xeral de Interior e Protección CivilSantiago de Compostela

3241766613A2060Diaz Sánchez, María de LoretoASuperiorXUC060000215770001Subdirección Xeral de Relacións coas Entidades Locais e Pacto Local30Dirección Xeral de Administración LocalSantiago de Compostela