Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.215

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía da información.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 20 de decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 250, do 27 de decembro, corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 2003, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía da información.

As listas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no Servicio de Información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícanse as listas de excluídos, que figuran como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para emendaren o defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Relación provisional de excluídos

NOMEDNIDISCAPACIT.EXCLUSIÓN

CASTRO PAIS, CRISANTO33290146SNON21

ILLAN FERNANDEZ, MARIA DOLORES33321344WNON21

INSUA SIEIRA, FRANCISCO JOSE33992070WNON21

MARTINEZ RIVAS, MARIA TERESA32833929ANON20

PEREZ SOUZA, MIGUEL51418145NNON41

REGUEIRA VEIGA, JOSE CAMILO33272610MNON34

TELLA DORRIO, NICOLAS32649997WNON20

VILA PEREZ, HERNAN OVIDIO76713194YNON20

Causas de exclusión:

20 Taxas non aboadas

21 Importe taxas ingresadas inferior ó estipulado

34 Instancia incorrecta (instancia non orixinal)

41 Non especifica-la forma de acceso