Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.212

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas, convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 8 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), pola que se ordena a publicación da proposta de relación de aspirantes que superaron o citado proceso.

En sesión que tivo lugar o día 5 de marzo de 2003, o tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas, convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administra

ción Pública do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade coa base IV da citada convocatoria, publica-la proposta de aspirantes que superaron, por orde de puntuación, as citadas probas na quenda de acceso libre.

Así mesmo, tal e como dispón a mencionada base IV, acordouse eleva-la citada proposta á directora xeral da Función Pública.

A orde de puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón a base II.2.5 da convocatoria, que é a que figura no anexo, que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2003.

Jesús Vázquez San Luis

Presidente do tribunal

ANEXO

DNIApelidos e nomeExame 1Exame 2Exame 3Exame 4ConcursoTotal

09388784-TGarcía Ferradás, Rosa Ana15,1717,25Dispensado7,83141,25

36132429-GRecuna Carrasco, Rafael11,6015,16Dispensado7,65,840,16

52492707-ZLópez Covelo, Susana16,0716,16Dispensado5,93038,16

11422878-CPérez Ayuso, María Dolores14,6416,75Apto5,63037,02

36153034-RRoca Calvo, María Teresa12,1416,66Dispensado5,17134,97

10868664-ZMartínez Suárez, Xuan Carlos12,3212,50Apto7,52032,34