Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto L.A.T. 132 kV P.E. Goia-Peñote-apoio número 6 L.A.T. 132 kV P.E. Lomba-P.E. Ventoada, nos concellos de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A. (Clave 2002/0195).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 12 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto L.A.T. 132 kV P.E. Goia-Peñote-Apoio nº 6 L.A.T. 132 kV P.E. Lomba-P.E. Ventoada, nos concellos de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Proxecto L.A.T. 132 kV P.E. Goia-Peñote-Apoio nº 6 L.A.T. 132 kV P.E. Lomba-P.E. Ventoada. Decembro 2000,

-Estudio de impacto ambiental. L.A.T. Sub. Goia-Peñote-Apoio nº 6 de L.A.T. 132 kV P.E. Lomba-P.E. Ventoada. Marzo 2001. Tomo I: memoria. Planos,

-Estudio de impacto ambiental. L.A.T. Sub. Goia-Peñote-Apoio nº 6 de L.A.T. 132 kV P.E. Lomba-P.E. Ventoada. Marzo 2001. Tomo II: anexos,

-Documentación complementaria ó estudio de impacto ambiental da L.A.T. 132 kV P.E. Sub. Goia-Peñote-Apoio nº 6 da L.A.T. 132 kV P.E. Lomba-P.E. Ventoada. Agosto 2002,

-Documentación ambiental da L.A.T. 132 kV P.E. Goia-Peñote-Apoio nº 6 da L.A.T. P.E. Lomba-P.E. Ventoada. Setembro 2002,

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sen prexuízo do disposto no artigo 6.4º do Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

En calquera caso, a prelación da documentación é a seguinte: declaración de impacto ambiental, documentación ambiental de setembro de 2002, documentación complementaria de agosto de 2002 e estudio de impacto ambiental, por esta orde.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, para interconexión do parque eólico Goia-Peñote coa L.A.T. a 132 kV P.E. Lomba-P.E. Ventoada, de 7.707 m de lonxitude, composta por un circuíto cun conductor por fase LA-180, con illadores e cable de terra OPGW, sobre apoios metálicos de celosía.

O trazado discorrerá polos concellos de Xermade, Vilalba e Muras, na provincia de Lugo, segundo o plano titulado Revexetación Accesos. Nº de plano GP-EIA-002 do estudio de impacto ambiental, sendo as coordenadas UTM dos apoios as seguintes:

Nº apoioUTM-XUTM-Y

1606.217,4064.809.422,396

2606.234,6984.809.417,543

3606.536,6924.809.332,794

4606.670,7534.809.295,173

5607.126,6264.809.232,358

6607.298,9284.809.208,617

7607.755,9994.809.145,638

8608.114,9484.809.096,178

9608.493,5314.809.044,014

Nº apoioUTM-XUTM-Y

10608.738,4304.808.961,991

11608.897,4204.808.908,741

12609.143,0684.808.826,467

13609.249,0044.808.894,054

14609.486,8754.809.045,815

15609.680,7074.809.169,478

16609.973,4684.809.356,259

17610.551,4684.809.726,020

18610.829,1654.809.756,174

19611.047,5474.809.994,948

20611.211,7764.810.174,512

21611.542,7524.810.536,392

22611.663,0594.810.667,932

23611.800,4754.810.818,179

24612.077,7224.811.121,313

25612.331,1504.811.170,854

26612.644,2134.811.230,935

27612.809,1534.811.262,853

28612.973,5734.811.243,597

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Co fin de diminuí-la emisión de po á atmosfera, que se poida producir pola execución das vías de acceso e polos labores de escavación para a cimentación dos apoios, procederase, en períodos de seca, á humectación das zonas onde se estean realizando estes traballos, especialmente nas zonas poboadas e nas que teñan vexetación de interese.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, de se-lo caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

Para tal fin, realizarase un seguimento do nivel de ruído durante a fase de construcción da liña, de acordo coa proposta incluída no estudio ambiental. Nembargantes, deberán revisarse os puntos de control propostos, conforme o requirido no punto 11.1 desta DIA.

Terase en conta que as medicións deben ser efectuadas por entidade homologada por esta dirección xeral, e os informes de resultados presentaranse asinados por técnico da entidade realizadora da medición.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga, así como calquera captación ou vertido, precisará da autorización do órgano de conca competente segundo o caso, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, axustándose ás directrices do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa.

As obras non poderán afectar á calidade e o volume das augas que teñan por finalidade o abastecemento público dos núcleos e das zonas de afección das construccións, tendo prioridade este servicio fronte a calquera outro.

Extremaranse as precaucións na execución de obras nas zonas de afección á rede hidrolóxica, adoptando tódalas medidas protectoras e correctoras necesarias. Nos terreos próximos ós cursos de auga, instalaranse mallas ou outros dispositivos para evita-la escorrega, impedindo a incorporación de sólidos ás augas.

Non se acumularán terras, entullos, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume e policía dos cursos fluviais e áreas hidromorfas, nin interferindo na rede natural de drenaxe, para evita-la súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Non está permitido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos de auga.

Non estando prevista no estudio de impacto presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este, necesariamente, será provisto desde planta ou plantas fóra da obra, e contará coas debidas autorizacións.

4. Protección do solo.

Realizarase unha delimitación das zonas de obra, estando prohibido invadir terreos fóra dos inicialmente previstos. A circulación de maquinaria restrinxirase ós accesos.

Aproveitarase ó máximo a rede de camiños xa existentes, co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso, segundo o indicado no estudio ambiental.

No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido ós traballos de instalación da liña, deberá restituírse a súa calidade ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas. As obras que afecten ós terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

Para a localización das zonas de instalacións de obra seleccionarase un lugar de baixo valor ambiental, escasa pendente e afastado de calquera curso de auga, zona hidromorfa ou área de protección arqueolóxica.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terrapléns. No caso de que se produzan sobrantes de terras, estes deberán ser levados a lugar autorizado por órgano competente.

Nos terreos de forte pendente utilizaranse apoios con patas desiguais co fin de minimiza-lo terreo afectado polas escavacións.

A capa edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada previamente ós labores de escavación e exe

cución de accesos, e amoreada coas seguintes características, dependendo do seu uso final:

-No caso de reutilizala na restauración, os amoreamentos non superarán os dous metros de altura.

-No caso de abandono, a altura máxima permitida dos amoreamentos será de 50 cm, e a revexetación deberá ser inmediata.

Os lugares de amoreamento de terra vexetal estarán fóra do tránsito da maquinaria, para evita-la súa compactación, de xeito que non perda a súa calidade e poida ser empregada posteriormente nos labores de restauración. No caso de que pasen máis de seis meses deberá airearse. Asemade, a zona de instalación debe ter pendentes suaves e escaso valor ambiental.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos que se xeren como consecuencia da instalación, explotación e desmantelamento da L.A.T. deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte ó vertido.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de obras realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derrames accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria (mobilidade restrinxida), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables e dispoñendo os medios necesarios para a recollida de posibles vertidos.

Ó finaliza-las obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberán terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.

Mentres non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra.

6. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

6.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, adoptaranse as medidas preventivas e correctoras descritas na documentación avaliada e levarase a cabo o plan de seguimento de avifauna proposto no estudio ambiental, co fin de comprobar se se producen colisións e/ou electrocucións de aves co tendido, identificando en que, zonas se producen e que especies son afectadas.

Así mesmo, efectuarase unha valoración conxunta dos resultados dos plans de seguimento de avifauna da L.A.T. e dos parques eólicos incluídos no estudio de sinerxias incluído na Documentación complementaria o estudio de impacto ambiental e arqueolóxico do parque eólico Goia-Peñote. Agosto 2002, conforme o indicado na DIA do parque eólico Goia-Peñote (Resolución do 27 de xaneiro de 2003), ó que a liña obxecto desta declaración lle dará evacuación. A este respecto, presentarase a documentación requirida no punto 11.5 desta DIA.

6.2. Sobre a vexetación.

* A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario, atendendo ós criterios de manexo e ás medidas preventivas e correctoras recollidos na Documentación ambiental da L.A.T. 132 kV P.E. Goia-Peñote-Apoio nº 6 da L.A.T. P.E. Lomba-P.E. Ventoada. Setembro 2002.

En calquera caso, previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira observarase o disposto na Resolución do 27 de maio de 2002 (e posteriores correccións de erros), da Consellería de Medio Ambiente, relativa á tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberá procederse a súa trituración e espallado homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo e diminuí-lo risco de incendios forestais.

Tódolos terreos afectados, deteriorados ou deforestados pola execución das obras (instalación dos apoios, execución de accesos...) deberán ser restaurados e revexetados, restituíndo a vexetación autóctona presente na zona e favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Así mesmo, garantirase o mantemento da revexetación ó longo do tempo.

Aquelas vías que non vaian ser empregados durante a fase de funcionamento da liña deberanse reintegrar na paisaxe, revexetándoos en toda a súa extensión.

Para tal fin, desenvolverase o proxecto de revexetación incluído como anexo I do estudio ambiental, que deberá ser completado conforme o requirido no punto 11.4 desta DIA.

6.3. Sobre os hábitats naturais.

Prestarase especial atención en non compromete-la persistencia dos hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario presentes na área de influencia da liña, asegurando o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable, tal como se establece na Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

Con este obxectivo, estudiarase a posibilidade de elevar 3 m como mínimo a altura dos apoios 4 e 5, con fin de permitir unha maior altura potencial da masa de frondosas presente baixo este tramo da liña.

* Así mesmo, e de acordo co proposto na Documentación ambiental da L.A.T. 132 kV P.E. Goia-Peñote-Apoio nº 6 da L.A.T. P.E. Lomba-P.E. Ven

toada. Setembro 2002, previamente ó incio das obras balizarase a turbeira de cobertor entre os apoios 7 e 8 e a zona con presencia do fento Dryopteris aemula, asegurando deste xeito a súa protección.

A dirección de obra deberá dispoñer de planos detallados da distribución dos hábitats de interese comunitario e áreas que preservar, e será asesorada en todo momento das condicións para a súa protección.

En calquera caso, durante as fases de replanteo, apertura ou acondicionamento de accesos e instalación da liña, realizarase un seguimento por parte do equipo de seguimento ambiental do proxecto, co obxecto de verificar que non se producen impactos imprevistos e que se adoptan as medidas protectoras e correctoras necesarias para a súa preservación, tanto as indicadas na documentación avaliada como as establecidas nesta declaración.

Así mesmo, poderá solicitarse a adopción de medidas compensatorias, de se xulgaren necesarias no seu momento.

No caso de que se detectase algún impacto non previsto na documentación presentada polo promotor ou na presente declaración, tomaranse as medidas oportunas para paraliza-la actuación, poñendo en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a incidencia detectada, que a avaliará e informará sobre a conveniencia ou non de continua-la actuación nesas circunstancias.

7. Protección do patrimonio cultural.

Os accesos de nova creación terán que contar cun estudio de impacto arqueolóxico destas obras, que terá que recibi-lo informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tendo en conta que a apertura destes accesos non poderá afectar a ningún elemento do patrimonio cultural. Neste sentido, presentarase a documentación requirida no punto 11.3 da DIA.

Para evitar posibles afeccións, establécese, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun radio de 50 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado.

A realización de calquera tipo de obras nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

Previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que se incluirá:

* A sinalización, na fase previa ó inicio das obras, dos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxicos como etnográficos), de acordo co estudio de impacto ambiental.

* O control e seguimento arqueolóxico das obras, de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio ambiental.

* Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas

áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa compresión.

En relación coa afección ós xacementos arqueolóxicos Medoña do Chao da Revolta (GA27021061) e Mámoas de Chaos das Seixas (GA27033011 e GA27033017), levaranse a cabo as medidas correctoras recollidas no estudio de impacto arqueolóxico (sinalización dos xacementos nos planos de obra, e balizamento durante a obra, de se-lo caso).

En relación coa afección ó xacemento arqueolóxico Medoña da Serra da Carba (GA27021061), evitarase o uso do acceso que pasa a uns 40 m do xacemento.

Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

8. Protección dos valores paisaxísticos.

O conxunto de elementos que configuran a liña, principalmente os accesos de nova creación, os noiros e os terrapléns, deberán integrarse na paisaxe.

Se os afloramentos rochosos existentes na zona tivesen interese xeomorfolóxico ou paisaxístico, deberán ser preservados de calquera dano. Se isto implicase o desvío dalgunha infraestructura ou instalación, observarase o indicado no punto 13.4 desta DIA.

9. Outras medidas.

No referente ó cruzamento entre liñas, atenderase ó disposto no Decreto 3151/1968, do 23 novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión (BOE nº 311, do 27 de decembro) e a súa corrección de erros (BOE nº 58, do 8 de marzo de 1969).

10. Fase de abandono.

Ó longo da fase de abandono, unha vez rematada a vida útil da liña de alta tensión, procederase, con carácter xeral, á desmontaxe e retirada dos apoios, retirada de calquera tipo de elemento susceptible de provocar contaminación, sendo entregados todos eles a xestor autorizado para a súa correcta eliminación e/ou reciclaxe. Así mesmo, restauraranse os accesos creados para a desmontaxe da liña.

A este respecto, deberase presentar un plan de desmantelamento e abandono da liña, que inclúa a restauración e revexetación das zonas afectadas pola desmontaxe, de acordo co requirido no punto 11.4 da DIA.

11. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración

e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Nova proposta xustificada de puntos de control do nivel de ruído, seleccionando aquelas vivendas ou localidades máis próximas, tomando como referencia, se é o caso, o plano Revexetación Accesos. Nº de plano GP-EIA-002 a escala 1:10.000. No caso de que algunha vivenda ou núcleo estivese deshabitado, deberá facerse mención expresa. Xuntarase unha táboa indicando a distancia dos puntos de control á zona de obras máis cercana. Unha vez aceptada a proposta, efectuarase a correspondente medición preoperacional.

11.2. Solución técnica para a elevación dos apoios 4 e 5, conforme o sinalado no punto 6.3 da DIA.

11.3. Estudio de impacto arqueolóxico dos accesos de nova creación para a montaxe da liña, conforme o sinalado no punto 7 da DIA.

11.4. Addenda ó plan de restauración presentado, que inclúa:

* Revexetación dos accesos que non vaian ser empregados na fase de funcionamento da liña, de acordo co indicado no punto 6.2, dado que o plan presentado non prevé esta actuación nin na memoria nin no orzamento. Novo orzamento que inclúa esta partida.

* Descrición e valoración económica de tódalas actuacións previstas para a desmontaxe e abandono da liña, incluíndo a revexetación, composta por memoria, planos, prego de condicións e orzamento, que conteña medicións debidamente xustificadas, cadro de prezos unitarios, unidades de obra con precios descompostos, orzamentos parciais, orzamento total de execución material e orzamento total de execución por contrata.

11.5. Proposta metodolóxica para a detección e valoración de efectos acumulativos e/ou sinérxicos en relación a tódolos factores do medio, tanto na fase de obras como na de funcionamento, referida á L.A.T. e ós parques eólicos incluídos no estudio de sinerxias presentado para o parque eólico Goia-Peñote. Adicarase especial atención ó control destes efectos sobre a avifauna, propoñendo limiares de risco e medidas correctoras específicas ó respecto.

11.6. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.7. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó inicio das obras ata que conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre a totalidade da documentación requirida.

Unha vez recibido o informe favorable desta dirección xeral sobre o cumprimento dos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, o cronograma estimado de obras, que conteña tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista.

12. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado da presente declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitiralle á esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, coa periodicidade indicada, tres (3) copias da seguinte documentación:

12.1. Durante a execución das obras, presentarase:

12.1.1. Con carácter mensual:

a) Cronograma de obras actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ó total. No cronograma figurará a data de actualización e os sucesivos cronogramas virán numerados correlativamente.

12.1.2. Con carácter trimestral:

a) Informe, xunto con reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos, controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, incidencias ou imprevistos acontecidos, protección dos hábitats naturais, etcétera. O informe reflectirá o cumprimento das condicións establecidas na declaración, en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados dela. Nas fotografías indicarase a data e hora, xuntándolles un plano de localización.

b) Plano en planta, dotado de coordenadas UTM, a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflicta o avance dos traballos e a porcentaxe de execución das obras respecto ó total, referida ós distintos elementos que conforman o proxecto: accesos, implantación de apoios, tendido de cables, así como unha lista da localización dos apoios en coordenadas UTM.

c) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, conforme o punto 2.2 da DIA.

d) Informe dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos na fase de obras, conforme o estudio de sinerxias presentado para o parque Goia-Peñote e o que se derive da documentación requirida no punto 11.5 da DIA.

12.2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en funcionamento da liña e presentarase, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, un informe fin de obras co seguinte contido mínimo:

a) Definición dos imprevistos e continxencias acontecidos durante a realización das obras, en relación a tódolos aspectos incluídos nesta DIA, e descrición detallada do estado final da área afectada.

b) Plano en planta, dotado de coordenadas UTM, a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflictan tódalas accións de obra realizadas e os distintos elementos implantados, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os apoios, rúas para o tendido dos cables, estado de limpeza da área, en especial das zonas de instalacións de obra, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora e xuntaráselles un plano de localización.

12.3. Informe de seguimento ambiental, de periodicidade semestral contado a partir do inicio da posta en servicio da liña, durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Informe, xunto de reportaxe fotográfica, no que se recollan os resultados do plan de restauración e revexetación, indicando os avances no proceso de rexeneración da cuberta vexetal en tódalas zonas afectadas polas obras, e aquelas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Nas fotografías indicarase a data e hora, xuntándolles un plano de localización.

b) Resultados do plan de seguimento de avifauna, conforme o indicado no punto 6.1 da DIA.

c) Informe dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos, conforme o punto 6.1 e o que se derive da documentación requirida no punto 11.5 da DIA. Prestarase especial atención á avifauna e ós hábitats protexidos, indicando as medidas protectoras e/ou correctoras adoptadas no caso de producirse a aparición deste tipo de efectos.

Á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos de explotación da liña, establecerase a periodicidade e os contidos dos sucesivos informes de seguimento ambiental.

12.4. Informe previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación da liña, remitirase o cronograma previsto das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación. Se é o caso, xuntarase un informe indicando as posibles variacións respecto do previsto no plan que se vaia presentar de acordo co punto 11.4 da DIA, xunto coa súa xustificación.

12.5. Informe posterior ó abandono: no prazo de dous (2) meses contados a partir do fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, remitirase un informe que conteña a descrición detallada das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión aplicada ós residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Xuntaráselle reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.

No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicaráselle inmediatamente a esta dirección xeral, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas.

13. Condicións adicionais.

13.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

13.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderalle solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

13.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificándolle o seu nomeamento ó órgano substantivo, que llo comunicará ó órgano ambiental.

13.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá elaborarse tendo en conta a variable ambiental e será notificado previamente, a través do órgano substantivo, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando así mesmo se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

13.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ó medio natural e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe provisional do aval, que deberá fixa-lo órgano substantivo, o 4% do investimento que se vai realizar. O importe definitivo do aval, que será actualizable, proporase cando o promotor presente o orzamento completo do plan de restauración, tendo en conta o requirido no punto 11.4 da presente DIA.

13.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

13.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico, sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

13.8. O incumprimento total ou parcial, por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

13.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións desta.

13.10. O proxecto de referencia estará ó abeiro do disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

13.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

13.12. Como queira que a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia é preceptiva segundo o disposto no artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, non poderán iniciarse os traballos ata que sexa cumprido este trámite.

ANEXO I

RESUMO DO PROXECTO

O proxecto presentado prevé a instalación dunha liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, para interconexión do parque eólico Goia-Peñote coa L.A.T. a 132 kV P.E. Lomba-P.E. Ventoada, de 7.707 m de lonxitude, composta por un circuíto cun

conductor por fase LA-180, con illadores e cable de terra OPGW, sobre 28 apoios metálicos de celosía.

As medidas protectoras e correctoras propostas na documentación avaliada inclúen as seguintes:

* Boas prácticas xerais de obra.

* Plan de xestión de vertidos e residuos.

* Deseño da intervención sobre a vexetación para a apertura de accesos e vías. Criterios de manexo da vexetación.

* Deseño de accesos. Minimización da lonxitude. Aproveitamento de vías existentes.

* Asistencia técnica ambiental e arqueolóxica na fase de replanteo.

* Apoios con patas desiguais.

* Recrecido de apoios.

* Restauración das superficies afectadas.

* Medidas antielectrocución de aves.

* Calendario de actuacións acorde coas medidas correctoras.

* Balizamento previo dos elementos que haxa que protexer.

* Posta á terra.

* Programa de vixilancia ambiental (ruídos, aves, revexetación ...).

ANEXO II

RESUMO DAS CONSULTAS A ORGANISMOS

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable sobre o estudio de impacto ambiental da L.A.T., aceptando as medidas correctoras do estudio de impacto sobre o patrimonio cultural, cos seguintes condicionantes que se incluirán na correspondente declaración de impacto ambiental:

1. Os accesos de nova creación terán que contar cun estudio de impacto das ditas obras, que terá que recibi-lo informe desta Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tendo en conta que a apertura destes accesos non poderá afectar a ningún elemento do patrimonio cultural.

2. Para a evitar posibles afeccións, establecerase, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 50 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obras nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

3. Previo ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que se incluirá:

* A sinalización, na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña, dos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxicos como etnográficos) de acordo co estudio de impacto ambiental.

* O control e seguimento arqueolóxico das obras de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio ambiental.

* Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o transcurso desta, un plano no que figurarán as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa compresión.

4. En relación coa afección ós xacementos arqueolóxicos de Medoña do Chao da Revolta (GA27021061) e Mámoas de Chaos das Seixas (GA27033011 e GA27033017), levaranse a cabo as medidas correctoras recollidas no estudio de impacto arqueolóxico.

5. En relación coa afección ó xacemento arqueolóxico de Medoña da Serra da Carba (GA27021061), evitarase o uso do acceso que pasa a uns 40 m do xacemento.

6. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

7. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a través da Subdirección Xeral de Espacios Naturais e Biodiversidade emite tres informes ó longo da tramitación do proxecto de referencia.

No primeiro, ademais de poñer de manifesto a localización do proxecto no LIC Serra do Xistral, expón unha serie de cuestións e carencias sobre a documentación presentada, que leva a non considera-la validez do estudio.

No segundo informe, trala presentación por parte do promotor do documento Documentación complementaria ó estudio de impacto ambiental da L.A.T. 132 kV P.E. Sub. Goia-Peñote-Apoio nº 6 da L.A.T. 132 kV P.E. Lomba-P.E. Ventoada. Agosto 2002, ademais de especificar unha serie de condicionados, mantén a necesidade de completar aspectos do estudio ambiental para facer unha correcta avaliación do proxecto, co que resulta necesario achegar nova documentación que recolla o contido do informe.

No derradeiro informe, á vista da nova documentación presentada polo promotor (Documentación ambiental da L.A.T. 132 kV P.E. Goia-Peñote-Apoio nº 6 da L.A.T. P.E. Lomba-P.E. Ventoada. Setembro 2002), e revisado o expediente completo, indica que de cumprirse todo o recollido na documentación presentada e o requirido en anteriores informes, non hai motivos para non estimar unha adecuada integración entre os intereses ambientais e os industriais. De todos modos, a execución das obras e o plan de seguimento ambiental serán determinantes no cumprimento da premisa anterior.

Unicamente propoñen que, co fin de permitir unha maior altura potencial da vexetación arbórea, se eleven en 3 metros como mínimo as torretas 4 e 5, co que a masa de frondosas podería acadar unha altura baixo o cableado de 20 m. Así mesmo e malia tódalas medidas consideradas para evitar ou minimiza-los impactos negativos, é inevitable salva-los efectos producidos pola propia instalación da obra, aínda que sexan asumibles polo medio. Neste sentido, no caso de estimarse necesario no seu momento, poderanse solicitar medidas compensatorias.

A Dirección Xeral de Obras Públicas informa que a realización deste proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que atinxe ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten ós terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

A Dirección Xeral de Turismo emite informe de incidencia turística do proxecto, que inclúe unha descrición das características do proxecto e a súa localización, principios normativos nos que se basea o informe e valoración da incidencia turístico-ambiental, indicando que o impacto do proxecto non se pode cualificar como de grande entidade, entendendo polo tanto que a incidencia negativa sobre os valores turísticos da zona existe, aínda que non é grave. En todo caso, os impactos deberán ser minimizados coa execución do programa de vixilancia ambiental.

A Dirección Xeral de Saúde Pública emite informe favorable sobre o estudio ambiental.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emite informe favorable, cun resumo do proxecto e da tramitación realizada, xuntándolle dunha proposta de condicionado ambiental que inclúe os seguintes puntos:

* Ámbito territorial da actuación.

* Protección do solo.

* Protección da fauna e flora.

* Protección de valores arqueolóxicos e etnográficos.

* Outras medidas.

* Recuperación situación orixinal tras fase de explotación.

* Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

* Condicións xerais.

* Condicións específicas.

* Condicións adicionais.

O organismo autónomo Augas de Galicia emite un informe que inclúe a descrición das unidades de coñecemento na zona onde se localizará a L.A.T., un resumo das características do proxecto avaliado, cruzamentos de cauces polo trazado e posibles impactos da L.A.T. nas fases de obra e explotación, ós que se xunta o seguinte condicionado:

En todo momento, durante a construcción e na fase de explotación deberán terse en conta as medidas protectoras de non alteración dos cursos fluviais e a prohibición de verter refugallos neles, no caso de que estes se producisen, prohibíndose o lavado de camións e formigoneiras e o cambio de aceite da maquinaria de construcción nas proximidades dos leitos dos regatos afectados.

A calidade das augas manterase en niveis óptimos, de tal xeito que trala construcción da L.A.T., a súa calidade e clasificación sexa a mesma que antes do inicio das obras.

As obras non poderán afectar á calidade nin ó volume das augas que teñan por finalidade o abastecemento público dos núcleos e das zonas de afección das construccións, xa que os servicios de abastecemento terán prioridade fronte a calquera outro, segundo as prescricións establecidas na proposta do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa.

Un condicionante básico que se debe entender desta área, sería que a futura autorización reflictise que a instalación se axustará ó cumprimento do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa e ás súas directrices, en tódolos aqueles aspectos que lle sexan de afección.

Segundo se desprende do estudio, con motivo da execución da liña e do seu trazado, así como de posibles construccións de accesos ou vías ou canalizacións eléctricas, prodúcense cruzamentos con diferentes regatos e cursos fluviais, ou ben se por algunha causa se interrompe algún sistema de abastecemento das parroquias dos concellos afectados, serán necesarias medidas de protección e corrección dos seus efectos, sendo en todo caso preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia, segundo o establece o R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico e a Lei de augas, texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo.

Á vista da documentación enviada, non se formulan obxeccións á proposta realizada, agás as medidas especificadas no informe.

ANEXO III

RESUMO DAS ALEGACIÓNS

Digna Carballido Reigosa e Aquilino Cuba Camba, propietarios de predios na zona, alegan cuestións relativas á propiedade e clasificacións dos terreos e á declaración de utilidade pública do proxecto. Alegan tamén a localización do proxecto nun espacio natural protexido, proposto para inclusión na Rede Natura 2000, con base en normativas comunitarias e estatais. Sinalan a innecesariedade do proxecto e elección incorrecta da alternativa elixida. Suxiren que a liña fose soterrada ou por outro percorrido.

Rafael Corral Bellas, en representación do grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas, considera que o plan sectorial eólico de Galicia, e como tal a presente liña de evacuación dun parque eólico, ten grandes deficiencias en materia de protección ambiental, e que o presente proxecto constitúe un exemplo máis desta cuestión, situándose no espacio natural Serra do Xistral, proposto como LIC. Apunta cuestións relativas ó estudio ambiental, sinalando unha serie de carencias, e alega impactos sobre a rede hidrolóxica, vexetación arbórea, hábitats naturais, emisión de ruídos, campos electromagnéticos e impacto sobre a avifauna por colisión e electrocución.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL