Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase á concesión de explotación Begonia 5702, da provincia de Lugo e promovido por Helios Llecha González.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles,

mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Begonia nº 5702, situada en terreos do concello de Lourenzá, provincia de Lugo e solicitado por Helios Llecha González.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da delegación provincial da consellería de industria e comercio correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas