Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se fai pública a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción tributaria grave, pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Rodríguez Marcote, Alberto-Ismael).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase proposta de resolución de expediente sancionador por infracción tributaria grave, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8-3ª planta Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 10 de febreiro de 2003.

Pedro J. Arboli Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Rodríguez Marcote, Alberto-Ismael

DNI: 35996751-A

Selene, 12 Oleiros (A Coruña)

Imposto sobre sucesións e doazóns

Exercicio: 1999