Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.075

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de febreiro de 2003 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola Orde do 17 de decembro de 2002 (DOG nº 249, do 26 de decembro).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas polos artigos 15.4º e 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

DISPON:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, anunciada pola Orde do 17 de decembro de 2002

Segundo.-Adxudicarlles destinos nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-A xefatura de persoal do centro onde causen alta os funcionarios, realizará, dentro dos prazos sinalados nos puntos anteriores, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer directamente

recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

-Denominación: Inspector de Servicios Educativos Complementarios.

Código do posto: ED.C99.10.000.36001.193.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: Pontevedra.

Grupo: C.

Nivel: 24.

Corpo ou escala: corpo administrativo.

Apelidos e nome: Amoedo Loira, Tomás.

Nº de rexistro persoal: 35.279.975.35.A2053.

-Denominación: Inspector de Servicios Educativos Complementarios.

Código do posto: ED.C99.10.000.36001.192.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: Pontevedra.

Grupo: C.

Nivel: 24.

Corpo ou escala: corpo administrativo.

Apelidos e nome: Pena Gulias, Francisco Javier.

Nº de rexistro persoal: 35.292.301.24.A2053.