Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Xoves, 13 de marzo de 2003 Páx. 3.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

Por resolución da alcaldía, do 27 de febreiro de 2003, acordouse a contratación mediante concurso con procedemento aberto, para o contrato de subministración coas características que se citan a seguir.

Características do contrato.

1. Obxecto: subministración de contedores.

2. Tipo de licitación: 52.648 euros (IVE engadido).

3. Partida: 4.60.

4. Prazo de entrega: 1 mes desde a adxudicación.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real s/n Xove), facilitarase así mesmo copia do prego de condicións en persoa, por correo ou telecopia.

7. Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais (contados desde a última publicación efectuada no DOG ou BOP de Lugo).

8. Fianza provisional: 2% do tipo de licitación: 1.052,96 euros.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación: 2.105,92 euros.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: subministración financiada con fondos propios.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de condicións.

Xove, 28 de febreiro de 2003.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario