1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Mugardos.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
c) Número expediente: --
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: abastecemento de auga ó núcleo de Boado (O Seixo).
b) Lugar de execución: Concello de Mugardos.
c) Prazo de execución: tres (3) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: poxa.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 68.101,07 A (IVE incluído).
5. Garantías.
a) Provisional: 1.362,02 A.
b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Mugardos. Secretaría.
b) Enderezo: avda. de Galicia, 45.
c) Localidade e código postal: Mugardos 15620.
d) Teléfono: 981 47 03 38/981 47 02 90.
e) Fax: 981 47 20 17.
f) Data límite de obtención de documentos: ata as 13 horas do día anterior ó que remate o prazo de presenta-las proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: ver cláusulas 12 do prego.
8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: de 9 a 13 horas dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en dous sobres pechados:
-Sobre A, subtitulado: Documentación, conterá a documentación esixida na cláusula 12.1º do prego.
-Sobre B, subtitulado: Oferta económica, conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Concello de Mugardos.
2. Enderezo: avda. de Galicia, 45.
3. Localidade e código postal: Mugardos 15620.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Mugardos (salón de sesións).
b) Enderezo: avda. de Galicia, 45.
c) Localidade: Mugardos.
d) Data: quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas (agás os sábados, que pasará ó luns seguinte).
c) Hora: 12 da mañá.
10. Outras informacións.
Secretaría, no primeiro andar da Casa do Concello.
11. Gastos de anuncios.
Serán por conta do adxudicatario.
12. Pregos.
É de aplicación o prego de cláusulas administrativas xerais aprobado polo Pleno o día 28-2-2003.
Mugardos, 4 de marzo de 2003.
Ramón Toimil Saavedra
Alcalde