Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Xoves, 13 de marzo de 2003 Páx. 3.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2003, do Servicio Provincial de Ourense, polo que se empraza a sociedade interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia no expediente 32179/2001.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a sociedade inte

resada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo en avda. de Zamora nº 13, baixo, de Ourense, en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida

desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 14 de febreiro de 2003.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 32179/2001.

Interesado: Infersa Galicia, S.A.

CIF: A-15575467.

Acto notificado: reiteración de alegacións e nomeamento de novo instructor.