Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Xoves, 13 de marzo de 2003 Páx. 3.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca, pola que se anuncia a contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: servicios para o deseño, montaxe e organización do stand institucional da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia no certame feiral que se celebrará no ano 2003 en Seafood (Bruxelas, Bélxica, 6 ó 8 de maio).

División por lotes e número:

Prazo de execución: na súa totalidade estenderase desde o día seguinte ó da sinatura do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do certame.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catrocentos noventa e dous mil euros (492.000 A).

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento de contratación.

6. Obtenciónde documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca (rúa de Sar, 75, 15702, Santiago de Compostela; teléfono: 981 54 62 93), ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Así mesmo, os pregos relativos a esta contratación poderán obterse no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación esixida para presentar proposición:

Ata que caduquen por razón do seu prazo os certificados de clasificación para contratos de servicios expedidos con anterioridade á entrada en vigor do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, 1098/2001, do 12 de outubro, será necesaría a clasificación grupo III, subgrupo 3 ou 8, categoría D, os certificados de clasificación exisibles, expedidos despois da entrada en vigor do dito regulamento será grupo L, subgrupo 5, ou grupo U subrupo 7, categoría D.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce (14) horas do día 7 de abril de 2003.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, ás 10 horas do día 11 de abril de 2003.

10. Gastos do anuncio.

Correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2003.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras e Mercados de Pesca