Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.968

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE MUNICIPAL DE XESTIÓN DO TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, S.A.

CONTRATACIÓN de persoal para a Sociedade Municipal de Xestión de Transporte Urbano de Santiago de Compostela, S.A. (TUSSA).

Denominación do posto: técnico de aparcadoiros e outras actividades de transporte.

Requisitos indispensables: estar en posesión de alomenos diplomatura universitaria ou enxeñería técnica especializada; estar en posesión do carné de conducir B1; contar cunha experiencia mínima de 2 anos en postos de responsabilidade de empresas privadas ou Administración pública, nos sectores de aparcadoiros ou transporte de viaxeiros por estrada e dominio do castelán e do galego.

Estes requisitos deberán acreditarse mediante documentación oficial.

Valorarase: cursos ou titulacións relacionados cos sectores de aparcadoiros e transporte de viaxeiros por estrada, e outros idiomas.

Retribucións: ata 27.045,54 A brutos anuais.

Tipo de contrato: laboral indefinido co seu correspondente período legal de proba.

Procedemento de selección:

Fase de admisión:

Con carácter previo á realización das probas o tribunal fará unha preselección tendo en conta a acreditación oficial da posesión dos requisitos necesarios. As listas de admitidos estarán expostas nas oficinas de TUSSA. Ademais notificarase persoalmente ós/ás interesados/as.

Fase de selección:

1. Valoración do C.V.:

-Experiencia laboral nos sectores de aparcadoiros ou transporte de viaxeiros: ata 10 puntos.

-Cursos e titulacións relacionados cos sectores de aparcadoiros ou transporte de viaxeiros: ata 5 puntos.

-Outros cursos e titulacións útiles para o posto de traballo: ata 3 puntos.

-Idiomas: ata 2 puntos.

2. Entrevista persoal eliminatoria (ata 10 puntos).

Os/as interesados/as deberán presentar as solicitudes acompañadas da fotocopia do DNI, currículum vitae e demais documentación que acredite a titulación requirida e os requisitos esixidos, nas oficinas de TUSSA (directamente ou por correo), situadas na praza de Camilo Díaz Valiño, s/n, 15704 Santiago de Compostela, en horario de mañá, dentro do prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio, indicando en lugar visible a seguinte referencia: «Selección técnico de aparcadoiros e outras actividades de transporte».

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

Carlos González Lozano

Director xerente da Sociedade Municipal

de Xestión de Transporte Urbano de Santiago

de Compostela, S.A.