Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 22 de xaneiro de 2003, aprobouse inicialmente o prego de condicións técnicas e económico-administrativas, así como a forma de adxudicación, por procedemento aberto e e pola forma de concurso, dos servicios de mantemento, mellora e conservación das zonas verdes e arboredo viario da cidade de Lugo. Para tal efecto publícase o seguinte anuncio consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a prestación dos servicios de mantemento, mellora e conservación das zonas verdes e arboredo viario da cidade de Lugo.

b) Prazo de duración: o prazo de duración do contrato será de dous anos con posibilidade de prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: o prezo máximo do contrato fíxase en 716.690 euros, IVE incluído, dos cales 573.352 euros corresponden ó canon de conservación das zonas verdes e arboredo e 143.338 euros ó importe dos traballos que se van realizar por valoración da obra e plantación realizada.

5. Garantías.

Provisionais: 14.333,8 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197-3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

g) Enderezo na Internet: www.concellodelugo.org.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: no grupo 0, subgrupo 6, categoría d), segundo o establecido no regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, a cal se corresponde co grupo III, subgrupo 5, categoría d) da orde do Ministerio de Economía e Facenda do 24 de novembro de 1995.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata o día 27 de marzo de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación.

1º Entidade: Concello de Lugo, na oficina de rexistro, ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2º Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa.

3º Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó do remate do prazo de presentación das proposicións, excepto no caso de aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario; o seu importe máximo será de 2.200 euros.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 3 de febreiro de 2003.

Lugo, 3 de febreiro de 2003.

P.D. (Decreto 60/1999, do 9 de xullo)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área