Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2003 pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Plan Parcial do SUNP-7 (O Avío) en Santiago de Compostela.

O Pleno da Corporación Municipal de Santiago de Compostela en sesión que tivo lugar o día 3 de xullo de 1999, aprobou definitivamente o Plan Parcial de Ordenación do SUNP nº 7 no Avío en Santiago de Compostela. Así mesmo, en sesión que tivo lugar o 22 de febreiro de 2001 o Pleno da Corporación Municipal acordou a aprobación definitiva do estudio de detalle do citado plan parcial.

O dito plan parcial contén a delimitación dun único polígono que comprende a totalidade do seu ámbito, determinándose como sistema de actuación o da expropiación, que realizará este Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade cos acordos subscritos co concello e o establecido no dito plan parcial. A aprobación dos instrumentos de ordenación urbanística implicará a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados ós fins da expropiación, segundo o establecido no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións e no artigo 98 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección de medio rural de Galicia.

Por resolución desta Dirección Xeral do IGVS do 25 de xuño de 2001 foi convocado concurso público para a execución mediante concesión do citado plan parcial, de conformidade cos artigos 211 e 212 do Regulamento da xestión urbanística; e por Resolución do 11 de decembro de 2001 foi adxudicada a citada concesión á sociedade Cooperativa Limitada de Viviendas Monte Aloia, establecéndose que a execución comportará a adquisición polo concesionario, se é o caso, como beneficiario da expropiación, da totalidade dos inmobles e dereitos existentes no polígono, sendo obriga do concesionario redactar e presentar ante o IGVS, para o seu trámite polo procedemento de taxación conxunta, o proxecto de expropiación e satisfacer como beneficiario desta os prezos e indemnizacións correspondentes ós bens e dereitos expropiados.

Este expediente ten por obxecto a expropiación polo Instituto Galego da Vivenda e Solo en beneficio da Sociedade Cooperativa Limitada Monte Aolia dos bens e dereitos necesarios para levar a cabo o Plan Parcial de Ordenación do SUNP-7 (O Avío). Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 6/1998, de réxime do solo e valoracións (LRSV), na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, que aproba o Regulamento de xestión urbanística (RXU).

Así mesmo, conforme a disposición adicional décimo primeira da Lei 1/1991, do 15 de xaneiro, da Xunta de Galicia, as administracións urbanísticas competentes pódenlle adxudicar directamente a formulación e execución de programas de actuación e plans de ordenación mediante os acordos ou concesións que para o efecto establezan, e para levar a cabo as actuacións de adquisición de solo terá a condición de beneficiaria da expropiación que as ditas administracións leven a cabo.

As facultades e obrigas do beneficiario da expropiación son as establecidas no artigo 5.2º da Lei de expropiación forzosa.

Segundo o artigo 108 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia: a execución dos plans polo sistema de expropiación pode ser obxecto de concesión administrativa ó ser asumida polos órganos ou entidades da Administración actuante ou do Estado.

Para os efectos de fixación do prezo xusto polo procedemento de taxación conxunta, para o seu pagamento ós propietarios afectados e ocupación dos predios afectados, a sociedade Cooperativa Limitada de Vivendas Monte Aloia, como beneficiaria da expropiación, confeccionou o oportuno expediente, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 6/1998, de réxime do solo e valoracións, artigo Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e artigos 201 e 202 do Regulamento de xestión urbanística.

O artigo 199.1º do RXU establece que a execución do Plan polo sistema de expropiación nun polígono ou unidade de actuación determinado requirirá que a Administración actuante, ademais de proceder á delimitación do seu ámbito territorial, formule, conforme o previsto na lexislación de expropiación forzosa, unha relación dos propietarios existentes no dito ámbito, coa descrición dos bens e dereitos afectados.

O artigo 17.1º da Lei de expropiación forzosa establece que o beneficiario da expropiación estará obrigado a formula-la relación concreta e individualizada, na que se describan en tódolos seus aspectos, material e xurídico, os bens ou dereitos que considere de necesaria expropiación.

O artigo 36 LRSV establece que o precio xusto dos bens e dereitos expropiados determinaranse conforme o establecido no título III desta lei, mediante expediente individualizado ou polo procedemento de taxación conxunta.

Así mesmo, o artigo 142.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia establece que: a Administración actuante poderá aplica-lo procedemento de taxación conxunta ou segui-la expropiación individualmente; e o artigo 201 do RXU establece que: 1. No sistema de expropiación, o expropiante poderá optar entre segui-la expropiación individualizadamente para cada predio ou aplica-lo procedemento de taxación conxunta... 3. Se o órgano urbanístico optase polo procedemento de taxación conxunta, seguirase a tramitación regulamentada nos artigos seguintes.

Tratándose dunha expropiación urbanística, o presente expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta, ó abeiro do devandito artigo 142.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Na súa virtude, acórdase o inicio do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación para a execución do Plan Parcial de Ordenación do Solo Urbanizable Non Programado nº 7 (SUNP-7).

De conformidade co previsto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto de expropiación para a execución do Plan Parcial de Ordenación do Solo Urbanizable Non Programado nº 7 (SUNP-7), para que, quen poida resultar interesado, formule as observacións e reclamacións que estimen convenientes, en particular no que concerne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. Acórdase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Así mesmo, as taxacións notificaranse individualmente ós que aparezan como titulares de bens e ou dereitos no expediente, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes, contados a partir da data de notificación.

O expediente estará exposto nas oficinas da sede central deste IGVS sito en Área Central s/n, do Polígono das Fontiñas, así como nas oficinas da Sociedade Cooperativa Límitada de Vivendas Monte Aloia sita na Avenida de Lugo, nº 6, baixo, de Santiago de Compostela, e as alegacións, dirixidas a esta Dirección Xeral do IGVS, poderán presentarse no rexistro da sede central deste IGVS ou no rexistro da propia sociedade cooperativa, ou en cualquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Relación de propietarios e bens afectados

Parcela nº: 54.

Propietario: proindiviso dos herdeiros de Jaime Mata Fernández (Consuelo Mansilla Nouche, Marco-Jaime e Alejandra Mata Mansilla) e dos herdeiros de Gabriel Mugico Brea e Juana Gendra Fernández (Carmen, Antonio Mugico Gendra, Mª Ángeles e Pilar Arnejo Mugico).

M: 1.689.

Valor m: 25,25.

Valor solo:....................... 42.647,25

(5%) premio afección..... 2.132,36

Total:...........................44.779,61

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo