Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución da ampliación do depósito de lamas vermellas da factoría de Alúmina Española, S.A. en San Cibrao-Xove (Lugo).

O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 365/2002, do 19 de decembro (Diario Ofi

cial de Galicia nº 11, do 17 de xaneiro), declarou a concreta utilidade pública e urxente ocupación dos terreos e bens necesarios para a ampliación do depósito de lamas vermellas da factoría de Alúmina Española, S.A. en San Cibrao-Xove (Lugo).

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e 56 e seguintes do seu regulamento,

RESOLVO:

Primeiro.-Convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación definitiva exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Xove e na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sita na rúa San Lázaro, s/n 15781 de Santiago de Compostela, para que comparezan no lugar, data e hora que a continuación se detalla para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos predios se se considera necesario.

Lugar: antigo Centro Médico. Avda. da Deputación. Concello de Xove.

Data: 24 de marzo de 2003, ás 10 horas.

Segundo.-Ó devandito acto deberán asisti-los titulares afectados, persoalmente ou ben de persoas debidamente autorizadas para actuar no seu nome, e presenta-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e, en caso de representación, poder suficiente, podendo acompañarse, pola súa conta e se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Terceiro.-Advírteselles ós interesados afectados, ós que se lles notificará individualmente o día, a hora e o lugar sinalados para o levantamento das actas previas, que poderán formular alegacións por escrito ante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, sita na rúa San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, ata o momento do levantamento das actas previas, para os efectos de corrixi-los erros que se puidesen producir en relación ós bens ou dereitos indicados.

Cuarto.-O levantamento de actas poderase continuar en días e horarios posteriores, se fose preciso, sen necesidade de repeti-las citacións; abondará, para tal efecto, o anuncio verbal efectuado con ocasión do levantamento das últimas actas que se expidan.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental