Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade CO-2002/007.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a devandita resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición do recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, perante o conselleiro de Medio Ambiente ou ben recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2003.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador: protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Número de expediente: CO-2002/007.

Interesado: José Mª Gorgozo Martínez.

Contido da resolución: multa de 1.502,53 euros.

Último enderezo coñecido: Tejeras, bloque 22, portal F-1º I, 15401 Ferrol.