Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude formulada por Bernardino Borrajo Delgado, administrador solidario da entidade mercantil Pebosa, S.A., para a declaración da urxente ocupación e para a adquisición dos terreos necesarios para a explotación da concesión mineira La Ilusión, fracción primeira, 5356-1.

A empresa Pebosa, S.A., con domicilio social en Quiroga (Lugo), rúa Quiroga de Argentina 2, baixo,

solicita a declaración de urxente ocupación para a adquisición dos terreos situados na parroquia de Pacios da Serra, Lugar das Valellas do termo municipal de Quiroga, que se relacionan no anexo e que son necesarios para a explotación da concesión mineira denominada La Ilusión, fracción primeira, 5356-1, de conformidade co artigo 105 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, o artigo 131 do Regulamento xeral para o réxime da minería, o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e o artigo 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957.

E de acordo co establecido nos artigos 18 e 19 da citada Lei de expropiación e 17, 18, 24 e 56 do seu regulamento, xa mencionado, acórdase abrir información pública polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da última públicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal El Progreso desta capital, e nos taboleiros de anuncios do Concello de Quiroga e desta delegación provincial.

O que se publica para xeral coñecemento e para que os interesados poidan formula-las alegacións que consideren convenientes sobre a procedencia da ocupación ou disposición dos bens que se van expropiar, o seu estado material ou xurídico, ou achegar cantos datos permitan a rectificación de posibles erros que se consideren cometidos na relación de propietarios e predios, así como para opoñerse por motivos de forma e de fondo á necesidade da ocupacón. Neste caso, terán que indica-los motivos polos que se deba considerar preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos dos incluídos na relación que se publica como anexo a esta resolución. Tamén, e para os únicos efectos da emenda de erros na descrición material e legal dos bens, calquera persoa natural ou xurídica poderá alegar e presenta-los antecedentes ou referencias que sirvan de fundamento para a dita rectificación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 29 de xaneiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados pola concesión da explotación denominada La Ilusión, fracción primeira, 5356 T.M. Quiroga-Lugo.

Datos catastrais

PredioTitular catastralDomicilioPolígonoParcelasLugarCultivoSuperficie mTitular aparente/

enderezo concello

Bens e dereitos afectadosTipo afección

Segundo David García LópezVilameá-Fisteus (Quiroga)782As ValellasMatogueira e Souto3.485Segundo David García LópezAs Valellas-Pacios da Serra T.M. QuirogaPleno dominio