Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.949

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de febreiro de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, das asistencias técnicas de clave AC/98/061.1 e quince máis.

Advertidos erros na resolución anteriormente citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 46,

do día 6 de marzo de 2003, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 2.745, na columna da dereita, no punto 6, onde di: «Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo e impacto ambiental da obra Plan Galicia: vía de alta capacidade. Brión-Negreira (incluída variante de Noia). Plan Galicia: variante de Negreira», debe dicir: «Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo e impacto ambiental da obra Plan Galicia: vía de alta capacidade. Brión-Noia (incluída variante de Noia). Plan Galicia: variante de Negreira».

Na páxina 2.746, na columna da esquerda, no punto 10, onde di: «Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: desdobramento (conversión en autovía) da vía rápida da Barbanza», debe dicir: «Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e impacto ambiental da obra Plan Galicia: desdobramento (conversión en autovía) da vía rápida da Barbanza».