Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.891

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de febreiro de 2003 pola que se establecen as bases que rexen as axudas e subvencións para o exercicio de 2003 da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para a contratación por parte das entidades locais de traballadores desempregados beneficiarios do programa Labora: Xuventude con Experiencia, para a realización de obras e servicios de interese xeral e social e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 33, do luns 17 de febreiro de 2003, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 1.788, segunda columna, no último parágrafo, onde di: «c) O sometemento ás actuacións de comprobación e control que poida efectua-la Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude...», debe dicir: «c) O sometemento ás actuacións de comprobación e control que poida efectua-la Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais...».

Na páxina 1.793, o punto 3 do anexo II, debe substituírse polo que se insire a continuación.

Na páxina 1.795, anexo V, código do procedemento, onde di: «FM351D», debe dicir: «AS351D».