Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.881

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de decembro de 2002 pola que se autoriza a apertura e posta en funcionamento do centro autorizado de música elemental Lar, de Mos, para impartir, con carácter definitivo, as ensinanzas do grao elemental de música.

Advertido erro na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 20, do xoves, 30 de xaneiro de 2003, é preciso face-la seguinte corrección:

Na páxina 1.088, no anexo, na liña sexta onde di: «Titular: María Sol Pombo Expósito», debe dicir: «Titular: Colegio Lar, S.L.».