Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2003 pola que se anuncia concurso para adxudica-la contratación dunha póliza de responsabilidade patrimonial por danos nas estradas provinciais.

Obxecto: contratación dunha póliza de responsabilidade patrimonial, por danos causados nas estradas provinciais, de acordo co prego de condicións técnicas que figura no expediente.

Tipo de licitación: fíxase na cantidade anual de 48.080 euros, IVE incluído.

Duración do contrato: terá unha duración desde o 1 de abril de 2003 ó 31 de decembro de 2004, coa posibilidade de prórrogas expresas de acordo co establecido no prego de condicións.

Plicas: durante os quince días naturais a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: fíxase a provisional no 2% do orzamento de licitación para o período do 1 de abril de 2003 ó 31 de decembro de 2003 e a definitiva no 4% do prezo de adxudicación referido á cantidade anual.

Información: Servicio de Contratación da deputación tfno. 986 80 41 01.

Pontevedra, 27 de febreiro de 2003.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado