Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2003 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto, para a contratación da impartición dos cursos de formación en motivación e sensibilización cara a igualdade e da orientación e inserción laboral dentro do proxecto Inserta.

Expte. nº 8530/2002 do Servicio de Patrimonio e Contratación.

Obxecto: contratación da impartición dos cursos de formación en motivación e sensibilización cara a igualdade e da orientación e inserción laboral dentro do proxecto Inserta.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: as datas de referencia para os cursos serán as seguintes: realizaranse simultaneamente en 28 concellos da Coruña durante a primeira quincena de abril de 2003, se fose posible, ou ben na segunda quincena.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o importe total para a impartición dos cursos será o seguinte: 54.692,10 euros, IVE incluído, distribuído en sete lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 26 de febreiro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña