Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

POXA aberta para o alleamento dunha parcela edificable no PERI 4 Barreiro 2 de Vigo.

1. Entidade que adxudica: organismo: concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 13700/220.

2. Obxecto do contrato: descrición: alleamento dunha parcela no PERI 4, Barreiro 2 para a construcción de 100 vivendas de protección autonómica.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo para o inicio das obras de construcción: 8 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Prezo de saída: 2.731.016,23 euros.

5. Garantía provisional: 54.620,32 euros.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pz. do Rei, s/n 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: cláusula 7 do prego de condicións administrativas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 7 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 26 de febreiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde