Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2003 pola que se aproba a convocatoria de libre designación (1/2003) entre funcionarios para prover postos vacantes nesta corporación.

Prestar aprobación ás seguintes bases da convocatoria de libre designación (1/2003) entre funcionarios para prover postos de traballo vacantes nesta corporación:

1. Procédese á convocatoria pública para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución.

2. Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira da Deputación provincial da Coruña, que reúnan as condicións para acceder ó posto segundo as características del que se sinalan no anexo I.

3. As solicitudes presentaranse no modelo de instancia que figura como anexo II no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral desta corporación ou nas oficinas referidas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Xunto ás solicitudes, os aspirantes achegarán o seu currículum vitae e xustificarán mediante certificación ou copia compulsada os documentos que acrediten os méritos que aleguen.

Só se estimarán os méritos que resulten debidamente acreditados e que se presenten voluntariamente dentro do prazo sinalado na convocatoria.

5. Os nomeamentos deberán efectuarse no prazo máximo dun mes, contados desde a finalización do de presentación de solicitudes. O dito prazo poderá prorrogarse, excepcionalmente, ata un mes máis.

6. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se o destino anterior radica na mesma localidade có novo, ou dun mes se radica en localidade distinta.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Contra a presente convocatoria poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a presidencia desta deputación, nos termos e prazos sinalados na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO I

Denominación: xefe servicio.

Adscrición: Servicio Organización, Calidade e Modernización.

Escala: A.X./A.E.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

C. específico: 19.276,28 A.

T.P.: S.

Descrición: contida no acordo plenario da deputación do 4-12-2002.

Méritos específicos: valoración: experiencia nas funcións do posto de traballo na Admón. local.

Titulación: licenciado en dereito, económicas, políticas ou empresariais, intendente mercantil ou actuario; enxeñeiro industrial, licenciado ou enxeñeiro en informática, enxeñeiro de telecomunicación; licenciado en administración e dirección de empresas, psicoloxía, piscopedagoxía, pedagoxía, periodismo, publicidade e relacións públicas, física, matemáticas ou química.

Formación específica: curso inspección servicios.

Observacións: especial dedicación.