Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003 pola que se anuncia o concurso para a prestación do servicio de vixilancia e seguridade das instalacións da Unidade Municipal de Atención ó Drogodependente.

Obxecto do contrato: é a prestación do servicio de vixilancia e seguridade das instalacións da Unidade Municipal de Atención ó Drogodependente por medio dun vixiante de seguridade sen arma, en horario de luns a venres laborables de 8 a 15 horas e de 16 a 19 horas, e os sábados, domingos e festivos en horario de 10 a 12 horas.

Tipo de licitación: 36.000 euros, IVE incluído.

Duración do contrato: o contrato terá unha vixencia dun ano, contado desde a súa formalización, prorrogable por mutuo acordo das partes ata un máximo de 4 anos.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, dentro do prazo de oito días naturais a contar desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono 981 54 30 33. Fax 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 17 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 horas, o segundo

día hábil seguinte, non sábado, á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde