Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 3 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se lle notifica a Celestino Formoso Ledo a resolución do expediente sancionador número 242/02MV, iniciado por acordo do delegado provincial de data 3 de setembro de 2002, por infracción á lexislación sobre epizootias.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalan a continuación, a resolución do expediente sancionador nº 242/02MV, dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo. Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de estar conforme con esta resolución, para o pagamento da sanción imposta deberá emprega-los impresos normalizados que se lle facilitarán nesta delegación provincial, sita na ronla Muralla 70- baixo 1º.

Lugo, 3 de febreiro de 2003.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 242/02MV.

Denunciado: Celestino Formoso Ledo.

DNI: 32624168.

Último enderezo coñecido: Ponte Pielas, 1-2-2º d. Narón (A Coruña).

Feitos imputados: transportar un animal da especie equina en data do 20 de abril de 2002, no remolque C-03706-R (arrastrado polo vehículo matrícula 7339BFZ), carecendo do certificado de inscripción do remolque no servicio de gandería.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigo 52 do Regulamento de epizootias do 4 de febreiro de 1955.

Precepto sancionador: artigo 215 do Regulamento de epizootias.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción imposta: 60.10 euros.

Motivo da publicación: ausente no reparto e devolto polo servicio de correos por transcurso do tempo de espera en lista.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO