Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.763

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A.

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2003 pola que se lle dá publicidade á adxudicación no concurso aberto para a contratación de consultoría e asistencia técnica para a elaboración e mantemento de guías para a creación de empresa (EM/SE/2003/01-02-03-04-05-06-07-08-09-10).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia técnica seguinte:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. (CEEI Galicia, S.A.), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono 981 54 68 23, fax 981 54 68 32.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Emprendedores.

c) Número de expediente:

EM/SE/2003/01-02-03-04-05-06-07-08-09-10.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: impartición de seminarios da Área de Emprendedores.

c) Lote: lote 1: ata 75 seminarios de difusión da cultura emprendedora que se van impartir, preferentemente, nas provincias da Coruña e Lugo. Lote 2: ata 55 seminarios de difusión da cultura emprendedora que se impartirá, preferentemente, nas provincias de Ourense e Pontevedra. Lote 3: ata 10 seminarios de xeración e maduración de ideas que se van impartir impartir, preferentemente, nas provincias da Coruña e Lugo. Lote 4: ata 8 seminarios de xeración e maduración de ideas que se van impartir, preferentemente, nas provincias de Ourense e Pontevedra. Lote 5: ata 15 seminarios de planificación empresarial que se impartirá, preferentemente, nas provincias da Coruña e Lugo. Lote 6: ata 11 seminarios de planificación empresarial que se van impartir, preferentemente, nas provincias de Ourense e Pontevedra. Lote 7: dous seminarios de xestión empresarial que se impartirán, preferentemente, na modalidade on-line. Lote 8: un seminario de xestión empresarial que se impartirán, preferentemente,

na modalidad presencial. Lote 9: ata 126 horas de seminarios de formación continua que se van impartir, preferentemente, nas provincias da Coruña e Lugo. Lote 10: ata 84 horas de seminarios de formación continua que se impartirán, preferentemente, nas provincias de Ourense e Pontevedra.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento máximo total de licitación: 224.150 euros, incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE).

5. Adxudicación.

a) Data: 19 de febreiro de 2003.

b) Contratista e importe da adxudicación: Lote 1: Proxectos Consultoría y Formación, S.L., por un importe de 18.000 euros. Lote 2: OBZ Magna Gestio, S.L., por un importe de 17.250 euros. Lote 3: Proxectos Consultoría y Formación, S.L., por un importe de 9.900 euros. Lote 4: Cadmo Conocimiento, S.L., por un importe de 8.800 euros. Lote 5: Sagide, S.L., por un importe de 65.352 euros. Lote 6: Sagide, S.L., por un importe de 47.905 euros. Lote 7: Magna Gestio, S.L., por un importe 18.915 euros. Lote 8: Soluciona C. Y T., S.L., por un importe de 10.010 euros. Lote 9: OBZ Management Consulting, S.L., por un importe de 11.340 euros. Lote 10: OBZ Management Consulting, S.L., por un importe de 7.560 euros.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2003.

Carlos Pérez de Vega

Apoderado do Centro Europeo de Empresas

e Innovación de Galicia, S.A.