Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos pertencentes a un propietario non incorporado á xunta de compensación do polígono G9.01 San Vicente, no concello da Coruña.

Antecedentes.

1º O Concello da Coruña remite o expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos pertencentes a un propietario non incorporado á xunta de compensación do polígono G9.01 San Vicente, de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

2º A Alcaldía Presidencia do Concello da Coruña, o día 2 de xullo de 20001, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos pertencentes a un propietario non incorporado á xunta de compensación do polígono G9.01 San Vicente, e sometelo a información pública polo prazo dun mes, e anunciouse no xornal La Voz de Galicia do 18 de xullo de 2001 e no DOG do 11 de agosto de 2001.

3º A taxación foi notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulasen alegacións no prazo dun mes contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da LSG.

4º O Concello da Coruña emitiu informe individualizado sobre as alegacións presentadas polos interesados, de conformidade co artigo 145.6º da LSG, e remite o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse, polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 145 da LSG.

Segundo.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da LSG:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e estremas.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemniacións, se é o caso.

Terceiro.-No Concello da Coruña está vixente o plan xeral de ordenación municipal aprobado o 19 de outubro de 1998.

O predio obxecto de expropiación está incluído no polígono G9.01 Rúa San Vicente. A súa clasificación é de solo urbano consolidado. O sistema de actuación previsto é o de compensación.

Segundo o artigo 134.1º da LSG «se algúns propietarios do polígono non se incorporasen á xunta de compensación, esta podrá solicitar da administración actuante a expropiación dos ditos predios tendo a condición de beneficiaria ...».

Á vista do dito e de acordo co establecido no artigo 54 da LSG en relación co artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións (LRSV) resulta acreditada a utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.

Cuarto.-O concello utilizou os criterios de valoración do título III da LRSV.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000) pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril,

Lei sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos pertencentes a un propietario non incorporado á xunta de compensación do polígono G9.01 San Vicente, no concello da Coruña, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da LSG, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes de contestación ás mesmas que figuran no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146.1º da LSG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6º, 7º e 8º do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146.2º da LSG).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó concello e de xeito individualizado a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante a Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da LSG, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entederase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da LSG).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Parcela: 1.

Superficie m: 74,06.

Propietario: Comunidade Hereditaria de Elvira García Fernández.

Valoración: 9.257,28 A.

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese practicar, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación fozosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, segundo o art. 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA). Así mesmo, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro); para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo

(art. 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

No suposto de que o interesado sexa unha administración pública, no lugar do recurso de reposición poderá dirixir ó órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da LXCA.

Todo o anterior é sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñan dun prazo de vinte días para manifestaren a súa desconformidade, como se indicou no número 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da LSG.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2002.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo