Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.734

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003 pola que se rectifican erros na Resolución do 20 de febreiro de 2003, pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na publicación da Resolución do 20 de febreiro de 2003 (DOG nº 41, do 27 de febreiro), pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia, rectifícase no sentido seguinte:

* Curso: reforma procesual penal: xuízos rápidos (18 edicións).

Na páxina 2.421, columna esquerda, alínea 4.2, cómpre engadir: «Lugo (2 edicións)».

* Curso: formación en materia de expedientes de regulación de emprego.

Na páxina 2.436, columna dereita, alínea 6.2, onde di: «Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral», debe dicir: «Subdirección Xeral de Traballo».

* Curso: formación sobre procedementos de infraccións e sancións na orde social.

Na páxina 2.437, columna esquerda, alínea 6.2, onde di: «Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral», debe dicir: «Subdirección Xeral de Traballo».

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA