Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais das axudas aprobadas e denegadas das prestacións de xubilación, fillos menores, estudios do traballador, diminuídos e vivenda do fondo de acción social para o exercicio de 2002 para o persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no punto dous das normas xerais de procedemento do acordo subscrito en Santiago de Compostela o 30 de xullo de 2002 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSI-CSIF representadas na mesa xeral de negociación de funcionarios e no comité intercentros do persoal laboral, así como na comisión de concesión das axudas de acción social, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 12 de setembro de 2002 e publicado por Resolución do 16 de setembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 188, do 30 de setembro), da Dirección Xeral de Relacións Laborais, deben publicarse as listas provisionais de admitidos e excluídos dalgunhas das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 2002.

De conformidade con isto, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas das prestacións correspondentes ás axudas de xubilación, fillos menores, estudios do traballador, diminuídos e vivenda do fondo de acción social do ano 2002, que están expostas no taboleiro de anuncios de tódalas consellerías, así como nas delegacións provinciais e relativas ó seu persoal.

Segundo.-Contra as ditas listas os interesados poderán presentar reclamacións e, se é o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no punto 2 da norma xeral de procedemento do acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 188, do 30 de setembro) no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nas delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos, segundo establece o artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro,

e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Instuticionais e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano), Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública