Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Mércores, 05 de marzo de 2003 Páx. 2.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno deste concello, na súa sesión ordinaria do día 27 de decembro de 2002, a bandeira municipal, de conformidade coa proposta realizada pola Comisión de Heráldica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Bandeira municipal: sobre o pano vermello a cruz de San Xoán e terciado á hasta de azul con tres vieiras de branco:

Sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, para efectos de exame e reclamacións, segundo o disposto no artigo 3 do Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Vilardevós, 8 de xaneiro de 2003.

José Luis Pérez García

Alcalde