Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Mércores, 05 de marzo de 2003 Páx. 2.696

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de febreiro de 2003 pola que se modifica a actual autorización ó centro privado Escuelas Nieto de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente presentado polo centro privado Escuelas Nieto de Vigo (Pontevedra), solicitando autorización para impartir 3 unidades do segundo ciclo de educación infantil na rúa Ramón Nieto nº 196.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra e que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de outubro), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Escuelas Nieto de Vigo (Pontevedra), 3 unidades do segundo ciclo de educación infantil situadas na rúa Ramón Nieto nº 196, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo.

Segundo.-Suprimir 1 unidade do segundo ciclo de educación infantil na rúa Ramón Nieto nº 247.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación infantil que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: rúa Ramón Nieto nº 247.

Código do centro: 36010356.

Denominación: centro privado Escuelas Nieto.

Titular: Fundación Benéfico Docente Escuelas Nieto.

Ensinanzas que se autorizan:

3 unidades de educación infantil, na rúa Ramón Nieto nº 196.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de educación especial: 1 unidade (psíquicos).