Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

O alcalde por Decreto do 17 de xaneiro de 2003, aprobou os pregos de cláusulas administrativas par

ticulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, da subministración dunha plataforma aérea (modelo Movex 190 ou similar) afecta ó servicio de seguridade e realización de actividades industriais, así como a súa instalación nun vehículo Nissan M110-150, cunha distancia entre eixes de 3.100 mm, tara 7.680 kg e PMA de 11.000 kg.

Obxecto do contrato: subministración dunha plataforma aérea (modelo Movex 190 ou similar) afecta ó servicio de seguridade e realización de actividades industriais, así como a súa instalación nun vehículo Nissan M110-150, cunha distancia entre eixes de 3.100 mm, tara 7.680 kg e PMA de 11.000 kg.

Lugar de entrega: Concello da Pontenova.

Prazo de execución: dous meses.

Orzamento de licitación: 45.100 euros IVE incluído.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Garantías: provisoria, non hai.

Información: o prego de cláusulas administrativas facilitarase no Concello da Pontenova (Lugo).

Presentación de proposicións: quince días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

A Pontenova, 24 de xaneiro de 2003.

Enrique Fernández González

Alcalde