Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada presentado contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro (Valdoviño, A Coruña), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución, e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle á interesada, que cos datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por ela mesma, Ana Celia Rodríguez Muíño, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro (Valdoviño, A Coruña).

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2003.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinataria: Ana Celia Rodríguez Muíño

Domicilio: avenida Marqués de Figueroa, 35-2º dereita. Fene, 15500 (A Coruña).

Texto: «Desestima-lo recurso de alzada interposto por Ana Celia Rodríguez Muíño (propietaria número 637), contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro (Valdoviño, A Coruña).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente, no prazo de dous meses contados a partir da recepción desta, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente».

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS