Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación da proposta de resolución do expediente sancionador E-27141092, por infracción en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, as propostas de resolución dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de xogo; o seu número cítase seguidamente:

Nome: Pub La Calle CB (Alejandro Pereira Rodríguez e María Luisa Pereira Rodríguez).

DNI/NIF: E-27141092.

Nº expediente: LU-E 10/2002.

Precepto infrinxido: 29 i) Lei 14/1985.

Ultimo domicilio: rúa Mariña Española, 4-Lugo.

Sanción: 3.001 euros.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior desta delegación Provincial e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 11 de febreiro de 2003.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo