Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorgou o permiso de investigación denominado Penela 2850.

A Delegación Provincial de Pontevedra, fai saber que por Resolución do 22-7-2002, se lle outorgou a Manuel Moo Rodríguez o permiso de investigación denominado Penela nº 2850, de tres cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Ponteareas e Salvaterra de Miño, da provincia de Pontevedra, as súas coordenadas xeográficas son as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 26' 40''42º 10' 00''

28º 26' 20''42º 10' 00''

38º 26' 20''42º 09' 40''

48º 26' 00''42º 09' 40''

58º 26' 00''42º 09' 20''

68º 26' 40''42º 09' 20''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 13 de decembro de 2002.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra