Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se notifica o acordo de iniciación do procedemento para deixar sen efecto a axuda e para o reintegro das cantidades indebidamente percibidas no expediente número 32/00/000138, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona o acordo de iniciación do procedemento de reintegro dictado en data 13-11-2002, por darse a circunstancia prevista no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que desenvolve o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de axudas e subvencións, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos no artigo 20.3º do Decreto 287/2000, en relación co artigo 9.4º do mesmo texto normativo, concédeselle ó interesado un prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, para que poida formula-las alegacións e presenta-la documentación que estime pertinente ante a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Así mesmo e de conformidade co disposto no artigo 20.5º do Decreto 287/2000, o reintegro voluntario polo interesado en calquera momento anterior á proposta de resolución, producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dicte resolución declarando a dita circunstancia. De acollerse o interesado a esta última opción, poderá aboa-lo importe correspondente na conta corrente operativa especial do FOGGA nº 0182-5920-55-0016000007 (Habilitación de Fondos Feoga-Garantía).

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2003.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: 32/00/000138.

Beneficiario: Angel Justo López.

Último enderezo coñecido: O Rosal, Oímbra (Ourense).

Feito imputado: cantidades percibidas indebidamente, importe da subvención superior ó custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario.

Causas: reducción do número de plantas certificadas nas facturas xunto cunha reducción na densidade da plantación.

Precepto aplicable: artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, en relación co disposto no artigo 9 da Orde de 5 de setembro de 2000, que regula as axudas ós plan de reestructuración e reconversión dos viñedos.

Cantidade a reintegrar: 911,97 euros.